top of page
Banner Web - Expo Gaza.jpg
EXPOSICIÓN
Gaza: o eco dos esquecidos
Do 03.02.2025 ao 31.03.2025  
Igrexa da Universidade, Praza de Mazarelos, 2, Compostela
Luns a venres: de 11.00 a 14.00h. -  17.00 a 20.00h. 
Primavera Cultural.png

Mohammed Zaanoun, Abood Abu Salama e Ahmed Zakot documentan nesta exhibición os actos do exército israelí dende dentro, dando unha visión real sobre os crimes contra a humanidade.  

Dende a maioría dos medios tradicionais dispúxose unha barreira á hora de mostrar a información e converteuse nunha guerra discursiva de dous bandos cunha clara desigualdade entre eles, na que o gran público queda cos “ecos”, as pequenas pinceladas que se mostran nos informativos e sen coñecer en profundidade a realidade dun conflito que está a acabar cun pobo enteiro. 

Esta exposición tamén busca destacar ás vítimas, aos “esquecidos”, aos seres humanos con nome e apelidos, que son ignorados de mutuo acordo nos medios de comunicación de masas, mostrando a súa vida cotiá e o impacto real do masacre nas súas vidas. 

MOHAMMED ZAANOUN


Mohammed Zaanoun, reporteiro gráfico independente gazatí de 38 anos. Dende o comezo do asedio total da Franxa de Gaza, fotografou a devastación de Gaza baixo as bombas israelís e as súas fotos son testemuño do terror dos civís que son branco dos bombardeos israelís.

Mohammed_Zaanoun.jpg

ABOOD ABU SALAMA

Abu Salama é un periodista e fotógrafo palestino da cidade de Gaza. Aboud describe a través das súas fotografías a tráxica situación que presencia en Gaza. Establece unha comparación entre os momentos de alegría previa á guerra e a tristeza posterior. O soño gazatí converteuse simplemente en durmir e espertar con vida. 

Abood_Abu_Salama.jpg

AHMED ZAKOT

Zakot é natural da cidade de Gaza. Cubriu as catro guerras na Franxa de Gaza, así como a súa vida cotiá e a vaga de divisións e disputas internas. Traballa como operador de cámara independente para moitas institucións de ONG na Franxa, traballando na coordinación e cobertura das súas actividades e proxectos. 

Ahmed_Zakot.jpg
bottom of page